Cargando....
Concello de Lugo
16/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concellería de Infraestruras inviste case 127.000 euros na mellora dos accesos a San Mamede dos Anxos e de San Salvador de Muxa


# Martes, 29/07/2014


A Concelleira de Infraestruturas e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, está a realizar dúas obras para mellorar os accesos a San Mamede dos Anxos e a San Salvador de Muxa.

Estes dous proxectos que ten en execución a Concellería de Infraestruras e Zona Rural supoñen un investimento total de 126.894 euros.

A primeira das obras, que rematará nos próximos días, é a de pavimentación do acceso ó núcleo de San Mamede dos Anxos, no treito que vai da Igrexa de Conturiz ó núcleo de San Mamede, na parroquia de Conturiz. Nesta actuación, o Concello está a facer un investimento de 69.277 euros. Con este presuposto, traballase na mellora dos accesos ó núcleo de San Mamede dos Anxos, nun treito de 1.356 metros de lonxitude.

A Concellería de Infraestruturas e Zona Rural está a levar a cabo tamén o proxecto de rexeneración de pavimento en San Salvador de Muxa, traballos nos que o investimento acada un importe de 57.617 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova