Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 3.600 lucenses participaron este curso nas actividades que organizou o Concello dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias


# Martes, 29/07/2014


Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o balance do Programa de Prevención de Drogodependencias que desenvolveu o Concello de Lugo durante o curso 2013-2014.

Basadre informou de que 3.643 persoas, tanto mozos e mozas como nais e pais, tomaron parte nas distintas actividades realizadas durante o pasado curso, no que se organizaron un total 176 sesións dos diferentes obradoiros organizados polo Servizo municipal de Drogodependencias. 

Nos talleres traballouse na prevención de drogodependencias con alumnos e alumnas dos distintos niveis educativos. Os máis numerosos foron os 64 grupos de alumnos de 5º e 6º primaria. Ademais, durante o mes de xuño, houbo actividades nas que participaron 50 alumnos da Anexa.

Celebráronse, tamén, charlas dirixidas ás familias en 8 centros escolares. Foron, en total, 10 obradoiros para familias, que contaron coa asistencia de 235 nais e pais.

“É unha satisfacción a implicación dos colexios e, tamén, a participación de moitos pais e nais con nenos de 3 a 6 anos, o que demostra a sensibilidade e preocupación pola educación dos pequenos”, destacou Carmen Basadre.

Sen embargo, a Concelleira botou en falla unha maior implicación das familias de adolescentes. “Implícanse un pouco menos as familias cando os rapaces e rapazas van ó instituto, é como se pensáramos que xa son maiores e non nos necesitan tanto e penso que iso é un erro porque ésta é una etapa importantísima de cambio, que pode ser difícil para os rapaces”.

Nas actividades dirixidas ás familias falouse de temas como a nova lei de alcohol, tanto sobre as sancións como as consecuencias que ten para a saúde o consumo de alcohol; sobre o control de horarios, as pagas, as amizades e as pautas para dar ás fillas e fillos para evitar que se inicien no consumo de drogas.

Tamén se lles deu atención persoalizada con información sobre cando deixar sair pola noite ós fillos e fillas e cómo detectar se consumen algún tipo de drogas, cuestións que foron as principais inquedanzas expresadas polas familias.

Para mozos e mozas, houbo 70 obradoiros que se impartiron nun total de 180 sesións. Tiveron lugar en 13 colexios e contaron con 1.700 asistentes. Entre eles, houbo 50 participantes doutros organismos que traballan con menores con risco de exclusión social, cos que colabora o Concello.

O balance de actividade durante este curso do Programa de Prevención de Drogodependencias, que conta con financiamento do Plan nacional sobre Drogodependencias, completouse con outros obradoiros e programas dirixidos á mocidade: No de Educar para previr houbo 1.200 participantes; no Apoio escolar,  50; nos programas Sábados +xTí,  45; no Curso de Copilotaxe participaron 25, no Ocio e nos campamentos de verán en Lamas de Prado ata agora participaron 240 rapaces e rapaces. Na creación de Aplicacións de ipad foron 15 os asistentes; na Intervención social con menores tomaron parte 15, nas actividades de Educación e promoción da saúde foron 15; en Relaxación, autoestima e educación en valores outros 12 e, por último, en Tenis de mesa, 23 persoas máis.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova