Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Clausurada a XIII edición dos Cursos de verán de Educación Vial organizados polo Concello de Lugo coa colaboración da DXT


# Mércores, 30/07/2014
O Alcalde e a responsable provincial de Tráfico presidiron a entrega de diplomas que tivo lugar no PIT

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e a Xefa Provincial de Tráfico, Paula Yubero,  presidiron hoxe o acto de clausura dos XIII Cursos de verán de Educación Vial, organizados polo Concello coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico.

O acto, no que tamén participaron a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, e outros membros da Corporación municipal, consistiu na entrega de diplomas e agasallos os nenos e nenas que participaron este verán nos cursos impartidos no Parque Infantil de Tráfico.

López Orozco destacou que, con estes cursos, xa amplamente consolidados, o Concello de Lugo quere fomentar a aprendizaxe de hábitos de convivencia e respecto polas normas de seguridade vial. Tamén destacou a importante colaboración que manteñen o Concello e a DXT no labor de ensinar educación vial ós nenos e nenas de Lugo e salientou que este traballo só é posible grazas ó ensusiasmo da Concelleira de Educación e ó traballo dos monitores do Parque Infantil de Tráfico. 

Pola súa parte, Paula Yubero, agradeceulle ó Concello de Lugo que conte coa DXT nesta programación e falou da importancia de que os máis pequenos aprendan educación vial, a importancia dos sinais de tráfico e do cumprimento da normativa, así como a adquisición de valores como o respecto ós demais.

As clases teóricas e prácticas desta decimoterceira edición dos Cursos de verán de Educación Vial deron comezo o 30 de xuño. Os alumnos asistiron a elas en horarios de mañá e tarde, en grupos non superiores a 15 alumnos e agrupados por idades. Participaron orredor de 200 rapaces e rapazas con idades comprendidas entre 8 e 16 anos. Os nenos e nenas de 8 a 14 anos tomaron parte nos cursos de conducción de karts e bicicleta, mentres que os de 15 e 16 aprenderon a conducir ciclomotores.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova