Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde acompaña ó Conselleiro de Cultura na presentación de obras de conservación da Muralla de Lugo


# Xoves, 31/07/2014


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañaron hoxe ó Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, á Muralla romana.

O motivo da visita foi o anuncio de que este mes se publicará a licitación das obras de restauración do adarve e lenzos na zona da Porta Miñá. Os traballos, que incluirán a substitución do pavimento e reparación do sistema de impermeabilización nas zonas dos cubos XXI e XXII, a limpeza e acondicionamento de paramentos na Porta Miñá, así como a consolidación da súa torre dereita e a recuperación do arco superior e do forxado de madeira do mesmo. O orzamento será de 264.000 euros.

Outra actuación pendente, para a que a Consellería ten previsto solicitar cartos do 1,5% cultural do Ministerio consiste na consolidación estrutural e restauración do lenzo interior do cubo VI da Muralla, cun orzamento estimado de 180.000 euros. Nesta actuación desenvolveríanse traballos para mellorar a evacuación da auga e que reforcen o cubo.

Tocante ó anunciado proxecto de construcción dun ascensor para mellorar a accesibilidade do adarve, a Consellería ten pendente o envío ó Concello do proxecto de execución para a tramitación da licenza municipal e o convenio. O ascensor instalarase no Carril dos Romanos, na parte traseira do edificio da Deputación, cun presuposto de 106.000 euros e un prazo de execución de nove meses.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova