Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza diferentes actividades para conmemorar o bimilenario da morte do emperador Augusto


# Venres, 01/08/2014
As actividades realizaranse entre os días 5 e 9 de agosto con teatro e unha recreación histórica que porá o punto e final aos actos

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou esta  mañá o programa dos actos que se celebran con motivo da conmemoración do bimilenario da morte do emperador Augusto.

“Cando asinamos o irmanamento entre as cidades Augustas decidimos celebrar simultaneamente en Braga, Astorga e Lugo esta conmemoración da morte do emperador como recoñecemento ao noso pasado histórico” segundo explicou a Concelleira de Cultura.

Así, do 5 ao 9 de agosto ás 10:30 horas na Sala de Exposicións Porta Miñá terán lugar visitas guiadas pola exposición Lugo Romano. Durante estes días, entre as 11:00 e as 14:00 horas, o artesano Giovanni Papi, dirixirá un taller de lucernas dirixido a tódalas idades que conta con praza limitadas, polo que a inscrición farase por orde de chegada e a entrada será de balde.

O 6 de agosto no Anfiteatro da Universidade ás 22:30 horas realizarase a proxección da película Espartaco (1960) e o venres 8 de agosto proxectarase na praza de Santa María a película Cleopatra (1963) ambas enmarcadas dentro das actividades de Cine na rúa.

O xoves 7 de agosto na Praza de San María ás 20:30 horas farase a representación da obra Xustiza, a xusta! por parte do grupo Achádego Teatro. Nesta obra teatral o Senado de Lucus Augusti elixe a tres habitantes da cidade como xuíces para resolver, en sesión pública, diversos asuntos conflictivos que distorsionan a vida cotiá.

O punto final as actividades desta conmemoración terán lugar o sábado 9 de agosto coa recreación histórica dun cortexo funerario polas rúas do centro histórico e unha confraternización das cidades augusteas a través dunha videoconferencia. Comezarán ás 21:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Lugo, un acto de confraternización entre Cidades Augusteas da Gallaecia, que son Braga, Astorga e Lugo a través dunha videoconferencia.

A continuación, sobre as 22.30, dende o Foro Romano, situado entre a Rúa da Raíña e a Praza Maior, sairá unha comitiva fúnebre que rematará na antiga necrópole romana do Museo de San Roque na que participan as asociacións Caetra Lucensium, Cohors Lucensium Praetoria, Senatus Lucus Augusti, Trebas Galaicas, As Vestais, As Asamblearias e Tig na n`og.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova