Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo vai recorrer o auto ditado polo Xulgado sobre a suspensión do decreto dos servizos mínimos


# Sábado, 02/08/2014
No auto tamén se respalda a decisión do Concello para a contratación da empresa Tragsa para a recollida dos puntos de alerta sanitaria

O Concello de Lugo vai a recorrer o auto de medidas cautelares ditado polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no que se suspende o decreto aprobado o 21 de xullo de 2014 sobre os servizos mínimos pola folga do lixo. Esta decisión adoptouse como consecuencia da situación de risco sanitario de Lugo e que levou a que a Consellería de Sanidade declarara máis de 2.000 puntos de alerta sanitaria na cidade dende o comezo da folga.

Desta maneira, queda novamente en vigor o decreto de servizos mínimos decretado polo Concello de Lugo o 6 de xuño de 2014 no que se establecía un 70% para a recollida de residuos sólidos urbanos e bolseo, un 50% para a limpeza viaria e un 50% para a recollida de envases lixeiros, papel, cartón e vidro, e que non se cumpriron.

No auto, en contra do mantido polo Concello e a Fiscalía, o xuíz estima que “o xuízo de ponderación de intereses debe resolverse a favor do dereito de exercizo de folga a favor dos traballadores e traballadoras de Urbaser (…) non se considera proporcionada a limitación que do dereito a folga se fai mediante a limitación da mesura”.

Do mesmo xeito no auto respalda as medidas adoptadas xa que “o ordenamento xurídico prové aos interesados de mecanismos para facelo cumprir e, de feito, as partes fixeron notar que se contrataron servizos externos para que os servizos se cumprisen. Igualmente consta (…) que se adoptaron determinadas medidas disciplinarias contra certos traballadores, pois ben este sistema de reacción é o cauce previsto polo ordenamento”. Tamén sinala que “a imposición de servizos mínimos non pode estar orientada a facer desaparecer a visibilización do conflicto”.

O Concello de Lugo celebra que grazas a este decreto, agora suspendido cautelarmente, mellorouse o número de declaracións de emerxencia sanitaria pasando de ter 100 puntos algún día aos 16 e 13 destes últimos días co que se normalizou a situación nas rúas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova