Imprimir

MÁIS DE 3.500 PERSOAS BENEFICIÁRONSE EN XULLO DOS PREZOS ESTABLECIDOS POLO CONCELLO E A DEPUTACIÓN NAS PISCINAS DOS ROBLES


2/8/2014 No mes de agosto a entrada seguirá sendo a metade que nas anualidades pasadas, quedando en 1 euro para os nenos e 2,20 euros para os adultos

Máis de 3.500 persoas beneficiáronse en xullo dos prezos populares que o Concello de Lugo e a Deputación Provincial ofrecen nas piscinas dos Robles. As cantidades populares, idénticas ás que se aplican nas piscinas cubertas de Frigsa, contribuíron a que unha media de 110 persoas diarias se acheguen ao complexo.

Os prezos populares, que se viron reducidos case á metade en relación con outros anos, sitúanse agora no euro para os cativos de menos de 6 anos e en 2,20 euros para adultos.

A área de lecer conta con 3 socorristas, ademais dos servizos de seguridade e limpeza, que foron custeados con preto de 43.000 euros polo Concello de Lugo e a Deputación Provincial.

Durante agosto, o complexo seguirá aberto en horario de 12:00 a 21:00 horas.