O Alcalde de Lugo recibe aos mozos e mozas participantes no primeiro intercambio coa asociación austriaca Tyrolean Atlantic Proposal
# Miércoles, 06/08/2014
O tema fundamental de intercambio é a promoción de hábitos de vida saudables e os vinculados á prevención do consumo de alcohol
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, acompañados por representantes da Asociación Educere, recibiron aos mozos e mozas austriacos que que participan nun intercambio coa asociación Tyrolean Atlantic Proposal, que se enmarca dentro do proxecto europeo
Erasmus +.
López Orozco deulles a benvida en alemán e invitounos a desfrutar de Lugo e da súa provincia e “agardo que este primeiro intercambio entre as dúas asociacións sexa o inicio dunha colaboración durante os próximos anos”.
Este é un programa de intercambio xuvenil europeo de carácter bilateral entre España e Austria, que está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. Trátase de nenos que contan con escasos recursos económicos e que viven en zonas con limitados ou sen ningún acceso aos distintos recursos.
As actividades vanse a levar a cabo ata o 12 de agosto no Campamento Xuvenil da Devesa en Ribadeo no que convivirán 24 mozos e mozas de Austria e de Lugo, pero antes van pasar varios na cidade. Estas actividades son gratuítas para os participantes, xa que están subvencionadas por fondos europeos. O tema fundamental de intercambio é a promoción de hábitos de vida saudables e, máis especificamente, os vinculados á prevención do consumo de alcohol entre a mocidade e con todos aqueles comportamentos relacionados co inicio no consumo desta sustancia.
Compartir: