Imprimir

O ALCALDE DE LUGO RECIBE AOS MOZOS E MOZAS PARTICIPANTES NO PRIMEIRO INTERCAMBIO COA ASOCIACIÓN AUSTRIACA TYROLEAN ATLANTIC PROPOSAL


6/8/2014 O tema fundamental de intercambio é a promoción de hábitos de vida saudables e os vinculados á prevención do consumo de alcohol


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, acompañados por representantes da Asociación Educere, recibiron aos mozos e mozas austriacos que que participan nun intercambio coa asociación Tyrolean Atlantic Proposal, que se enmarca dentro do proxecto europeo Erasmus +.

López Orozco deulles a benvida en alemán e invitounos a desfrutar de Lugo e da súa provincia e “agardo que este primeiro intercambio entre as dúas asociacións sexa o inicio dunha colaboración durante os próximos anos”.

Este é un programa de intercambio xuvenil europeo de carácter bilateral entre España e Austria, que está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 13 e os 17 anos. Trátase de nenos que contan con escasos recursos económicos e que viven en zonas con limitados ou sen ningún acceso aos distintos recursos.

As actividades vanse a levar a cabo ata o 12 de agosto no Campamento Xuvenil da Devesa en Ribadeo no que convivirán 24 mozos e mozas de Austria e de Lugo,  pero antes van pasar varios na cidade. Estas actividades son gratuítas para os participantes, xa que están subvencionadas por fondos europeos. O tema fundamental de intercambio é a promoción de hábitos de vida saudables e, máis especificamente, os vinculados á prevención do consumo de alcohol entre a mocidade e con todos aqueles comportamentos relacionados co inicio no consumo desta sustancia.