Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo descontará nos recibos da recollida do lixo a parte proporcional do servizo non prestado durante os días da folga como xa se anunciara no seu momento


# Mércores, 06/08/2014
A Xunta de Goberno Local aprobou a licenza de obra dunha estación de servizo de combustible no hipermercado Carrefour



Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, lembrou que o Concello de Lugo descontará a parte proporcional correspondente ao servizo non prestado durante a folga do lixo nos recibos dos veciños e veciñas de Lugo como se anunciou dende un primeiro momento.

 “Por razóns de xestión administrativa non pode ser como mínimo ata o próximo recibo que se pasa a cobro no mes de outubro e que corresponde coas datas do 20 de xuño ao 20 de setembro” segundo explicou Luis Álvarez.

Neste sentido, o responsable da área de Medio Ambiente, anunciou que unha comisión formada polos técnicos municipais serán os encargados de estudar cal é a cantidade real a deducir do servizo xa que “durante este tempo non houbo servizo habitual de recollida de lixo pero eso non significa que non se retirasen toneladas de basura das rúas da cidade”, polo que, serán os técnicos os que despois de estudar todos os factores a ter en conta ditaminen a cantidade correcta a descontar.

Luis Álvarez lamentou que, unha vez máis, “o equipo de Jaime Castiñeira só ten interese por crear malestar entre a cidadanía de Lugo” e mostrouse preocupado polo total descoñecemento que teñen os concelleiros do Grupo Municipal do PP sobre o funcionamento administrativo do Concello. Tamén lembrou que o recibo que se pasou a cobro corresponde cos meses de abril, maio, e varios dias de xuño polo que “é evidente que non se pode aplicar un desconto nuns meses nos que houbo normalidade”.

Xunta Goberno Local
Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobouse a licenza para a instalación dunha estación de servizo vinculado ao hipermercado Carrefour e que ten un orzamento de 150.302 euros e un prazo de execución de 12 meses. Esta nova instalación conta coa autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e co respaldo da Lei de Emprendemento aprobada polo Goberno central que permite a instalación de gasolineiras nos centros comerciais. 

Álvarez sinalou que “a licenza é un acto reglado, polo que, se presentan todos os informes positivos hai que concedela” pero destaca “é curioso que para a instalación deste servizo non exista ningún problema pero si para o acondicionamento dunha zona de baño no Río Miño”. 

Outro dos puntos foi a denegación da licenza de parcelamento na parcela C5 do sector SUR K,  xa que no proxecto de compensación se fixa unha parcela mínima edificable de 1.000 metros cadrados, o que daría a situación de fraccionamento volumétrico que alteraría a ordenación detallada do Plan Parcial dando lugar a parcelas de reemplazo, que non reunirían a configuración e características adecuadas para a súa edificación conforme ao Plan Parcial.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o nomeamento de funcionarios de carreira de seis técnicos en xardin de infancia e de tres delineantes tras superar as correspondentes probas de selección e acadar a puntuación necesaria.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova