Cargando....
Concello de Lugo
06/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe ábrese o prazo para solicitar as axudas para alugamento de vivendas que concede o Concello de Lugo


# Xoves, 07/08/2014
Terán prioridade os sectores sociais máis prexudicados pola situación económica como os desempregados ou as familias monoparentais

Dende hoxe pódense solicitar as subvencións que concede o Concello de Lugo para alugamento de vivendas. As solicitudes poden presentarse ata o 5 de setembro no Rexistro da Empresa Municipal de Vivenda e Solo de Lugo (EVISLUSA), na rúa Quiroga Ballesteros, ou no Rexistro Xeral do Concello.

O obxecto das axudas é financiar parcialmente o alugamento de vivenda destinada a domicilio habitual das persoas coa finalidade de facilitarlle o acceso á unha vivenda digna. Na concesión destas axudas terán preferencia as persoas que sexan obxecto dun desafiuzamento, familias monoparentais, persoas discapacitadas, mulleres vítimas de violencia de xénero e desempregados.

A subvención concédese por un período inicial de 12 meses, prorrogable ata un máximo de doce meses máis, e cubren ata un máximo do 50% dos alugueres que non superen os 350 euros mensuais. O Concello dispón para esta segunda convocatoria unha cantidade inicial de 150.000 euros, que se suma á consignada para a prórroga do ano anterior por importe de 206.108 euros.

Nos últimos anos aumentou considerablemente a demanda e por iso, o Concello, atendendo as solicitudes tamén aumentou o orzamento dirixido a esta actividade. Así, no ano 2008 o orzamento consignado era de 90.000 euros e o número de beneficiarios foi de 63, pero os datos do 2013 son que a cantidade consignada era de 299.000 euros e o número de beneficiarios foi de 135 unidades familiares.

As bases desta convocatoria de axudas saíron publicadas este luns no Boletín Oficial da Provincia e o onte publicouse o anuncio no Diario Oficial de Galicia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova