Imprimir

O ALCALDE RECIBE AO NOVO XEFE DE OPERACIÓNS DA GARDA CIVIL EN LUGO


7/8/2014

O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe no seu despacho ao novo Xefe de Operacións da Garda Civil en Lugo, o Comandante Carmelo Ruiz, que realizou hoxe a súa primeira visita institucional ao Concello.

Durante a entrevista, o Alcalde desexoulle ao novo responsable de Operacións da Garda Civil éxitos no seu cargo e ofreceulle a colaboración do Concello de Lugo.

Neste sentido, o Alcalde destacou a importancia na coordinación das forzas e corpos de seguridade con competencias no noso termo municipal, a través da Xunta Local de Seguridade.