Imprimir

O CONCELLEIRO DE URBANISMO E MEDIO AMBIENTE COMPARECERÁ VOLUNTARIAMENTE NO PRÓXIMO PLENO DE SETEMBRO PARA EXPLICAR A XESTIÓN NA FOLGA DO LIXO


11/8/2014 Esta comparecencia demostra que o Concello de Lugo non ten nada que ocultar e, unha vez máis, dará aos cidadáns as explicacións precisas

O Alcalde Accidental, Luis Álvarez, informou de que esta mañá o Goberno Local rexistrou unha petición de comparecencia voluntaria no próximo Pleno que corresponde co mes de setembro. Nesta comparecencia o Voceiro do equipo de Goberno e responsable da área de Urbanismo e Medio Ambiente explicará a xestión levaba a cabo polo Concello de Lugo durante a folga no servizo de recollida do lixo e limpeza viaria.

“Esta comparecencia faise coa finalidade de dar conta ao Pleno de todos os pasos que se tomaron polo Goberno municipal durante os case dous meses que durou esta folga”, segundo indicou Luis Álvarez.

Ademais incidiu en que esta decisión adianta os prazos da medida anunciada polo Grupo Municipal do PP e que non se faría efectiva ata o pleno de outubro pero “nós non temos problema para volver a explicar as medidas adoptadas que a opinión pública xa coñece perfectamente”. Neste sentido, dixo que “non queremos que pase máis tempo do estrictamente necesario, porque o Concello de Lugo non ten nada que ocultar e ademais quere dar todas as explicacións oportunas”.