Cargando....
Concello de Lugo
20/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

As bases para a celebración da I Feira de Artesanía e Gastronomía do San Froilán aprobaranse mañá na Xunta de Goberno Local


# Martes, 12/08/2014
Pedro Revaldería e Luz Darriba serán os encargados do pregón das Festas do San Froilán 2014 e da ofrenda a Rosalia de Castro respectivamente

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Carmen Basadre afeou a incoherencia e a irresponsabilidade dos membros do grupo municipal do PP por non acudir á Comisión de Festas


A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as bases para participar na I Feira de Artesanía e Gastronomía do San Froilán que se aprobarán mañá na Xunta de Goberno Local.

Carmen Basadre explicou que na Comisión de Festas se informou das bases que rexerán a adxudicación da I Feira de Artesanía e Gastronomía e que permitirá a instalación de numerosos postos de artesanía e degustación “coa idea de recuperar esas feiras tradicionais que se celebraban hai moitos anos”. Así, na Avenida de Ramón Ferreiro, entre a Rúa Salvador de Madariaga e o edificio da Dirección Xeral de Tráfico instalaranse 60 casetas do mesmo tamaño e cun tellado saínte para que no caso de choiva os visitantes poidan pasar entre os postos sen problemas.

Estas bases deberán ser aprobadas pola Xunta de Goberno Local e posteriormente publicadas no Boletin Oficial da Provincia para que as persoas interesadas nalgún dos postos poidan solicitar praza. O que si adiantou a Concelleira de Cultura é que o prezo que terán que aboar polo ocupamento dos postos dende o 4 ao 12 de outubro é un total de 620 euros, dos que 100 corresponde coa fianza que posterioremente será devolta, 493,24 euros de prezo público polo uso do posto durante unha semana e 26 euros de taxa pola ocupación da vía pública.

Pregoeiro e ofrenda a Rosalía de Castro
A Concelleira de Cultura tamén anunciou que o pregoeiro do San Froilán 2014 será o lucense Pedro Revaldería, Director de contidos de programas de producción propia en Telecinco e Director xeral de Producciones Mandarina. Ocupou diversos postos de responsabilidade en produtoras e cadeas públicas e privadas en España. Durante dous anos foi director xeral de Plural Entertainment e, anteriormente, traballou como director de producción e contidos en Telecinco, director de programas en Antena 3 e Canal Plus, e director de producción e contidos de CITSA (Compañía Independente de Televisión de Sogecable).

Carmen Basadre destacou que a elección foi motivada porque foi un lucense que contribuiu desinteresadamente na promoción nacional e internacional de Lugo e da Festa de Interese Turistico Galego, Arde Lucus, a través de diferentes programas de televisión nacionais e coa proxección nacional e internacional do documental Arde Lucus, gañador de varios festivais de cines internacionais como na India, Italia ou os Estados Unidos.

No caso da persoas que fará a tradicional ofrenda a Rosalía de Castro, será a poeta e artista Luz Darriba.

Novos concertos San Froilán 2014
A responsable de Cultura tamén deu a coñecer dous novos grupos que actuarán durante o San Froilán, por un lado a cantante galega Sés e o grupo Marful.

Se algo se pode destacar de SÉS, María Xose Silgar,  é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galicia, percorrendo diferentes escenarios. Formada na música e no baile tradicional, Sés é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos a banda Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. No ano 2011 editou o seu primeiro traballo, Admirando a Condición,  e na actualidade está a presentar o seu segundo disco CO XENIO DESTROZADO un traballo feito con orgullo identitario, frescura e vitalidade, que pretende concentrar nunha presa de cancións viscerais e paixonais a potencia do directo. Temas de cantautora vestidos de blues, rock e sons do continente hispanoamericano.

O cuarteto Marful revolucionou a música galega, convertíndose nun grupo de culto entre a intelectualidade do seu país. A súa música expresa ideas, proclama sentimentos, describe paisaxes e narra historias. Souberon situarse no panorama nacional (mellor disco do público no 2006) e internacional (Festival de músicas do mundo de Sines, Celtic Connections), sendo o primeiro grupo en representar a Galicia no Womex 2007. Este grupo está composto por Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro Pascual e Pablo Pascual.

Comisión de Festas
Carmen Basadre tamén informou que ningún representante do grupo municipal do PP participou na Comisión de Festas xa que o escrito que presentaron en Cultura pero non os elude nas súas responsabilidade como concelleiros ata que vai a Pleno, e é este organo o que aporba ou non o estar nunha comisión.


“Será porque estamos no mes de agosto ou previos a unhas eleccións municipais pero creo que eludir as responsabilidades é unha falta de respeto á cidadanía” segundo manifestou a Concelleira de Cultura que ademais sinalou que “tamén é unha incoherencia entre o que piden e o que fan xa que despois de pedir a convocatoria de dita Comisión, agora que non se presenten é unha falta de coherencia e de irresponsabilidade grave de cara a cidadanía”. “Neste momento está claro que o BNG e o PP están facendo pinza en contra do Concello” rematou Basadre.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova