Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Voceiro do Goberno Local informou que durante os días da folga o lixo que se recolleu foi de 4.145.880 kilos


# Mércores, 13/08/2014
Na Xunta de Goberno Local tamén se aprobou enviar á Conselleria de Medio Ambiente o proxecto técnico de modificación puntual do PXOM

Imaxe Asociada
Na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá aprobouse o proxecto técnico que debe ser informado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para a modificación puntual do PXOM. Esta modificación consiste na exclusión do ambito de actuación do sector S.16-R e incluilo no sector de solo urbanizable delimitado residencial S.15-R, correspondente coa zona de Marques de Ombreiro e Avenida dos Deportes.

Así, o informou o Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, que lembrou que “todas as sentenzas emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia con respecto aos recursos que se interpuxeron contra o PXOM, todas saíron a favor do Concello agás esta que é unha modificación pequena”.

Outro dos asuntos tamén foi aprobar a licenza de obras para a construción da primeira fase de reforma e ampliación do Centro Integrado de Formación Profesional As Mercedes con un presuposto de 763.804,19 euros.
 
A Xunta de Goberno Local aprobou por un ano a prórroga do contrato do servizo de prestación integral das actividades de animación sociocultural nos Centros de Convivencia cun importe de 162.971,49 euros ive incluido. Outro dos asuntos aprobados foi a prórroga por prazo dun máximo de catro meses á empresa encargada do servizo de comida no fogar por importe dun máximo de 24.177 euros ive incluido.

Datos Folga de Lixo

O Voceiro do Goberno Local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, deu a coñecer esta mañá os datos da cantidade de lixo recollido durante o tempo que durou a folga.

Así, entre o 14 de xuño e o 3 de agosto de 2014 leváronse á planta de Sogama un total de 4.145.880 kilos de lixo, polo que a media diaria de basura é de 81,3 toneladas de lixo. En comparativa co ano pasado, nas mesmas datas, o lixo recollido foi de 4.832.780 kilos de lixo, que ven dando unha media diaria de 94,7 toneladas de lixo.  Así, durante os días da folga deixáronse de retirar unha media de 13,4 toneladas de lixo por dia.

Álvarez matizou que “estas son medias feitas cos datos totais pero está claro que durante a folga houbo días nos que se recolleu pouco, só puntos de emerxencia, e outros días nos que se recolleu máis do doble da cantidade media diaria.” 

O responsable das áreas de Urbanismo e Medio Ambiente tamén informou que en ningún caso se poden reclamar danos e prexuizos aos traballadores que estiveron en folga pero “nós solo podemos facelo sobre a empresa concesionaria deste servizo e que lle quede claro ao PP que nunca iremos contra os traballadores”.

Así mostrouse preocupado pola “obsesión que o grupo popular ten coa miña persoa, igual que o Alcalde lle di ao Presidente da Xunta que é o que lle fixemos os de Lugo para que nos traten asi, tamén lles pregunto eu que lles fixen para estar obsesionados conmigo?”. E aclarou que “eu non estou metido en ningunha carreira pero creo que Antonio Ameijide non pode dicir o mesmo diante dos seus compañeiros. O grupo de Goberno está aquí para traballar que é o que temos que facer”.

Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova