Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo invirte 200.000 euros na mellora das instalacións dos colexios públicos da cidade


# Luns, 18/08/2014
A Concelleira de Educación explicou que este verán deuselle prioridade ás obras de mantemento de tellados e cubertas

Imaxe Asociada
A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá da inversión que realiza o Concello para o mantemento e mellora das instalacións dos 14 colexios públicos da cidade.

O orzamento anual do Concello para a realización destas melloras é de 200.000 euros dos que se invirten 80.000 euros só nas obras que se realizan durante os meses de verán.

Esther Muñóz explicou que “este ano deuselle prioridade á mellora dos tellados e cubertas dos centros e á limpeza de canlóns e baixantes para evitar que durante o inverno aparezan goteiras”. Ademais, tamén se están realizando obras de mantemento como pintura de dependencias, instalación de corchos, sustitución de cristais, pequenas obras de albanilería como a creación de novos espazos, mellora da calefacción ou arranxo das zonas deportivas dos colexios.

A responsable da área de Educación sinalou que “é moi importante para o equipo de Goberno ter unhas boas instalacións educativas na cidade e por iso, cada ano, segundo as posibilidades, imos aumentando o orzamento para o mantemento das instalacións educativas.

Os colexios que se benefician destas melloras son os CEIPs Illa Verde, Menéndez Pelayo, Rosalía de Castro, Anexa, As Mercedes, Fingoi II, Paradai, Manuel Mallo Mallo (Nadela), Quiroga Ballesteros, A Ponte, Albeiros, Casás, Luis Pimentel (Piringalla), Sagrado Corazón e Virxe da Soidade (Gándaras)


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova