Imprimir

MAÑÁ ÁBRESE O PRAZO DE PAGAMENTO VOLUNTARIO DO IMPOSTO DE VEHÍCULOS


19/8/2014

Dende mañá martes, día 20 de agosto, está aberto o período de pagamento na vía voluntaria do imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O prazo estará aberto ata o luns 20 de outubro.

O número de recibos do imposto de vehículos é de 65.669 por un importe de 5.657.639,60 euros. Con respecto ao ano 2013 apréciase unha diminución dos recibos, 448 menos, o que representa un 0,68% menos.