Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O sábado 23 de agosto celebraranse os obradoiros interculturais O sorriso de África dirixidos a nenos e nenas


# Martes, 19/08/2014
Na Praza Maior haberá xogos africanos das 11:00 ás 12:00 horas e cadros de area das 12:00 ás 13:30 horas

Imaxe Asociada
A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Ana González Abelleira, informa que o próximo sábado día 23 de agosto celebraranse os obradoiros interculturais O sorriso de África para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

Estes obradoiros terán lugar na Praza Maior pola mañá e neles realizaranse diferentes actividades e xogos africanos para que os nenos e nenas lucenses poidan coñecer outras formas de divertimento. O horario das actividades será dende as 11:00 ás 13:30 horas.

Esta actividade organizada pola Fundación Jóvenes y Desarrollo en colaboración co Concello de Lugo quere sensibilizar aos nenos e nenas coa realidade infantil doutros países e que poidan aprender novos xogos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova