Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Dous novos concertos para o San Froilán 2014, Efecto Pasillo e Ara Malikian


# Martes, 19/08/2014
O grupo pop canario actuará o sábado 11 na Praza Horta do Seminario e o violinista internacional o luns 6 na Praza de Santa Maria

O San Froilán 2014 conta con dous novos concertos, o de Efecto Pasillo e do violinista Ara Malikian, segundo anunciou esta mañá a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.

Carmen Basadre salientou que “son dous concertos con tirón que atraen a moitos espectadores e ademais os que se quedaron coas gañas de ver a Ara Malikian no aniversario da Muralla terán unha nova oportunidade para velo actuar”.

Efecto Pasillo converteuse nunha das bandas máis exitosas do pop nacional dende que no 2013 publicaran o seu album El misterioso caso de Efecto Pasillo que entrou directamente no Top10 de listas de venda.

Cos seus traballos Pan y mantequilla, No importa que llueva e Funketón revolucionaron o panorama musical, sendo número un nas principais radios, televisións e plataformas dixitais, e tamén revolucionarán a cidade de Lugo o sábado 11 de outubro ás 20:30 horas na Praza Horta do Seminario.

Ara Malikian
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, tamén anunciou o concerto do violinista Ara Malikian, un dos máis brillantes e expresivos violinistas da súa xeración que posúe un estilo propio forxado a partir das súas orixes e das ricas vivencias musicais que conseguen unhas das voces máis orixinais e innovadores do panorama musical.

Esta é a segunda vez que visita Lugo e ofrecerá un concerto diferente acompañado por seis músicos que farán vibrar aos espectadores que o luns 6 de outubro se acheguen a partir das 20.15 horas na Praza de Santa María.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova