Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello non cobrará aos praceiros do Mercado Quiroga Ballesteros a taxa os 21 días que vai a estar pechado en setembro


# Xoves, 21/08/2014
A Concelleira de Economía informou que nos próximos días comezarán as obras da primeira fase de rehabilitación da Praza de Abastos e que non afectan a súa actividade

O Concello de Lugo vai a invertir máis de 1 millóns de euros na mellora da Praza de Abastos e do Mercado e na comunicación das rúas Calella do Hospital e Carril do Son


A Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Servizos Xerias e Modernización Administrativa, Manuel Núñez, visitaron esta mañá a zona da Praza e Mercado de Abastos e nos que anunciaron que o Concello non vai cobrar a taxa correspondente polo aluguer dos postos aos praceiros do Mercado de Quiroga Ballesteros durante os 21 días que permanezan pechados no mes de setembro por mor das obras de rehabilitación. Estas obras teñen un orzamento de 341.106,84 euros.

Manuel Núñez sinalou que “tomouse a decisión para minimizar as molestias causadas polo peche dos locais durante eses días nunha época de dificultades económicas” e lembrou que entre o dia 1 e o 21 de setembro o Mercado estará pechado para poder cambiar o solo do edificio e avanzar máis pronto na rehabilitación total do espazo. “Esta data foi a que acordaron os propios praceiros cando nos reunimos con eles e ademais os tempos da obra estanse cumplindo” explicou o Concelleiro de Servizos Xerais.

Pola súa parte, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, tamén anunciou o comezo nos próximos días das obras de adecuación exterior da Praza de Abastos. Nesta primeira intervención, que conta cun presuposto de 276.319,11 euros ive incluido, realizarase o cambio da cuberta do edificio, atendendo á solicitude dos industriais que pediron que se fixera canto antes, e a adecuación exterior do edificio no que está previsto actuar sobre todo na fachada de Santo Domingo, xa que se vai a refacer a entrada á planta semisoto .

Sonia Méndez explicou que “temos que empezar pronto para evitar as choivas do inverno que dificulten as obras na cuberta do edificio e ademais, nesta primeira fase, non se verá afectada a actividade diaria da Praza”. Lembrou que o “Concello está facendo unha gran inversión para mellorar esta zona da cidade xa que buscamos un maior atractivo da zona e que se convirta nunha maior repercusión económica para os pequenos empresarios”. Estas obras con cargo ao Plan Urban, están financiadas nun 80% polos Fondos Feder da Unión Europea.

O Concello de Lugo tamén está realizando obras de rehabilitación para unir a Calella do Hospital e Carril do Son co que se pretende a recuperación e revitalizacion urbana do espazo no que se intervén mediante a demolición das noves de formigón e ladrillo anexas ó Convento. O presuposto é de 297.467 euros.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova