Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O luns comezan as obras de mellora da pavimentación na Ronda da Muralla entre Bispo Odoario e Rúa Santiago


# Venres, 22/08/2014
Cortarase ao tráfico o carril dereito en sentido da circulación dos vehículos entre ambas rúas

O Concelleiro de Infraestruturas e Zona Rural, Manuel Chaín, anunciou hoxe que o luns 25 de agosto comezan as obras de repavimentación e mellora da Ronda da Muralla no tramo comprendido entre a praza Bispo Odoario e a Rúa Santiago.

Manuel Chaín sinalou que “é unha obra moi necesaria para esa zona xa que a Ronda da Muralla ten moito tráfico e o desgaste é maior que noutras zonas”. Neste sentido tamén explicou que “a empresa encargada das obras comprometeuse a telas finalizadas antes do 27 de setembro”.

Así, dende o luns 25, o carril dereito en sentido da circulación permanecerá pechado para levar a cabo as tarefas de pavimentación e mantemento das losas de formigón existentes. As liñas de autobús non se verán afectadas polas obras xa que a circulación seguirá sendo a mesma pero con posibles atascos en momentos puntuais.

Esta obra, que ten un orzamento de 63.508 euros, consistirá no fresado da capa de rodadura en todo o ancho do carril dereito e a demolición das losas de formigón nun ancho de dous metros coincidindo coa zona deteriorada, xa que, se trata dun dos viais da cidade con máis tráfico diario.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova