Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo consegue o compromiso da Xunta para levar a cabo o Museo da Romanización


# Luns, 25/08/2014
López Orozco tamén explicou que os técnicos da Xunta estudarán o proxecto de consolidación do cuartel de San Fernando e decidir a participación da Xunta na súa rehabilitación

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, mantivo esta mañá unha reunión co Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez, para tratar a situación deplorable do antigo Cuartel de San Fernando. Ademais, durante a xuntanza fíxolle entrega do proxecto das obras de consolidación do antigo cuartel de San Fernando elaborado por EVISLUSA e que ten un importe de 180.000 euros.

López Orozco indicou sentirse satisfeito ao coñecer que a Xunta non renuncia a facer o Museo da Romanización no antigo cuartel de San Fernando aínda que “non lle puxo data pero ao menos temos o seu compromiso” xa que a situación económica da administración autonómica non o permite. “Podo entender que teñamos que agardar varios anos porque a situación económica non é a mellor pero tamén espero que cumplan coa súa palabra” segundo o Alcalde.

Outro dos asuntos tratados durante a xuntanza foi a asignación económica e o estudo do proxecto técnico para as obras de consolidación do cuartel de San Fernando sobre o que a Xunta tamén se comprometeu a estudar o proxecto pero economicamente non van a asumir todo o orzamento “xa que para eles a prioridade son as obras de consolidación da Muralla romana que agotan todo o orzamento para Lugo” segundo  López  Orozco.

“A seguinte actuación será unha reunión entre técnicos municipais e técnicos da Xunta para estudar que as obras de consolidación se fagan tendo en conta o proxecto do futuro Museo da Romanización e desa maneira non se vexan afectadas nun futuro” explicou o Alcalde. Unha vez mantidas as reunións técnicas precisas concertarase unha nova reunión coa Xunta de Galicia para estudar a financiación do mesmo mediante convenios e “se é preciso solicitar a colaboración doutras administracións como a Deputación de Lugo”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova