Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival Muralla Rock previo ao San Froilán reunirá nun mesmo concerto a Los Suaves, Rosendo, Costas e Tregua


# Martes, 26/08/2014
Terá lugar o venres 3 de outubro a partir das 19 horas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e as entradas están a venda en www.murallarock.com

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada por Ruben López, Xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, e por Juan López, da Asociación Galicia Vella, presentaron o Festival Muralla Rock 2014 que dará inicio ás festas do San Froilán.

O Festival terá lugar o venres 3 de outubro a partir das 19 horas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e contará coas actuacións dos grupos Los Suaves, Rosendo, Costas e Tregua.

Carmen Basadre explicou que “volvese a recuperar unha idea que tivo moito éxito hai anos co Muralla Rock e co que agardamos que veñan moitos seguidores do rock a coñecer a nosa cidade, a desfrutar dos concertos e a dar inicio ás festas do San Froilán”.

Como sinalou un dos organizadores, Juan López, agárdase un aforo próximo ás 6.000 persoas que desfrutarán dende as 19 horas de boa música e varias sorpresas ao longo do concerto. En canto as entradas, as primeiras 1.000 póñense hoxe a venda a través da web www.murallarock.com e a partir do venres en www.taquilla.servinova.com a un prezo de 10 euros. A partir desas 1.000 primeiras entradas pasarán a ter un prezo de 12 euros e en taquilla 15 euros.

Os grupos participantes son emblemas da música rock nacional e galega como son Los Suaves, que obtivo múltiples recoñecementos ao londo da súa carreira e con trece discos publicados. No 2013, grabaron o album en vivo Gira de los mil conciertos e o recopilatorio No puedo dejar el rock.

Tamén estará Rosendo que ademais dará comezo con este concerto dentro dunha xira por España promocionando o seu decimoquinto album Vergüenza torera. No Festival tamén actuará Costas, Miguel Costas, membro fundador de Siniestro Total, Aerolineas Federales o Los Feliz e que presentará o album Alguien tenia que hacerlo. Pecha o cartel a banda da Coruña, Tregua, que nace a principios de 2008 e que estará promocionando o seu album Luces e Sombras .


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova