Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Rosana Rielo sustituirá a Sonia Méndez durante a baixa maternal na Concellería de Economía, Emprendemento e Autónomos


# Martes, 26/08/2014
A  nova Concelleira de Economía destacou o importante traballo feito por Sonia Méndez e avanzou que seguirá na mesma liña de compromiso e servizo público

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presentou esta mañá á persoa encargada de sustituir durante a baixa por maternidade á Sonia Méndez como Delegada da área de Economía, Emprendemento e Autónomos, e que será Rosana Rielo.

López Orozco agradeceu a dispoñibilidade de Rosana Rielo e indicou que “se trata dunha persoa que ten os coñecementos suficientes para desenvolver as tarefas desta área e ademais ten unha experiencia previa como concelleira”. Neste caso sinalou que terá dedicación exclusiva ademais de ser Tenente de Alcalde e que lle “agarda un gran traballo dunha área moi amplia e con moita actividade”.

Pola súa parte, Rosana Rielo, explicou que vai a seguir na mesma liña de Sonia Méndez xa que “é unha das mellores concelleiras de Economía que pasaron polo Concello e así o acreditan os datos económicos e a solvencia financieira do Concello”.
 
A área de Economía, Emprendemento e Autónomos ten tres puntos fortes sobre os que se seguirá traballando como é o relativo á creación dos presupostos e das ordenanzas fiscais de cara ao próximo ano e que “terán un marcado carácter social, no que non se deixará a ningún cidadán de lado e que agardo teñan o apoio dos outros grupos políticos”. O segundo punto forte é o desenvolvemento do Plan Urban, tanto na realización das obras pendentes ou en curso como as do Mercado e Praza de Abastos, o edificio de Novas Tecnoloxías ou o Vello Cárcere, sen esquecer as liñas de axudas para negocios do casco histórico e instalación de novos locais.

O terceiro punto que destacou Rosana Rielo é “o CEI-Nodus e a extraordinaria labor que se realiza para axudar a emprendedores a poñer en marcha as súas ideas empresariais non só co asesoramento senón con todas as liñas de axudas que se crean para os mesmos”. Neste sentido, destacou a gran acollida que ten e a lista de agarda para ocupar algún dos viveiros de empresa dos que dispón, ademais das liñas económicas ou a formación dos emprendedores.

“Veño con moitas ganas, cunha vocación de servizo público e con dar o mellor de min para contribuir coas miñas aportacións ao traballo que se leva feito dende este Concello e dende esta área” segundo sinalou Rosana Rielo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova