Imprimir

APRAZADO O CONCERTO PREVISTO PARA MAÑÁ DE IOANA PÉREZ NA PRAZA DE VIANA DO CASTELO POR MOR DUNHA LESIÓN DA ARTISTA


28/8/2014 Este concerto celebrarase proximamente nunha data por determinar e que se anunciará no seu momento

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que queda aprazado o concerto de Ioana Pérez, por mor dunha lesión da artista, que estaba previsto para mañá ás 21:00 horas na Praza de Viana do Castelo.

Dende a Concellería tamén se informa que este concerto celebrarase proximamente, en data por determinar e que se anunciará no seu momento.

Esta actividade enmárcase dentro do ciclo Músicas ao teu carón, que  forma parte da programación de verán organizada pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua.