Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana celébrase o segundo curso de copilotaxe impartido polo copiloto lucense Diego Vallejo


# Xoves, 28/08/2014
Este curso organizouse ante a boa acollida da primeira edición na que se cubriron todas as prazas dispoñibles e haberá un premio para o mellor alumno

A próxima fin de semana celébrase o segundo curso taller de copilotaxe impartido polo prestixioso copiloto lucense Diego Vallejo. Este curso está organizado pola Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua dentro do Programa +Xtí financiado dentro do Plan Nacional sobre drogas.

Neste curso participarán 25 mozos e mozas lucenses de entre 16 e 35 anos. O sábado 30 de agosto terá lugar na Casa da Xuventude pola mañá das 9:30 ás 13:30 horas e pola tarde das 16:30 ás 20:30 horas. O domingo 31 de agosto no Circuíto da Pastoriza celebraranse as prácticas pola mañá das 10:00 ás 14:00 horas.

Este curso organizouse ante o gran éxito de acollida da primeira edición, na que en pouco tempo se cubriron todas as prazas dispoñibles. Deste xeito, posibilitouse que as persoas que quedaron en lista de espera tamén puideran asistir ao mesmo.

Dende a organización adxudicarase unha beca ao mellor alumno asistente dos dous cursos. O premio consistirá en acompañar de copiloto a Sergio Vallejo nun rally ou rallysprint da tempada 2014-2015.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova