Imprimir

O CONCELLO DE LUGO SEGUIRÁ FACÉNDOSE CARGO DOS COMEDORES ESCOLARES DURANTE O PRÓXIMO CURSO


28/8/2014 As normativas estatais e autónomicas eliminaron competencias de educación aos concellos dificultando o seu mantemento

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá que o Concello seguirá mantendo a axuda para comedores durante o próximo curso nas mesmas condicións dos últimos anos.

“Cos últimos cambios lexislativos relativos á competencia de educación os Concellos quedamos sen ningunha polo que solicitamos información e autorización á Xunta para poder levar a cabo a actividade de comedor nos diferentes colexios públicos” segundo explicou Esther Muñóz que tamén sinalou que “unha vez autorizados a facelo aceleramos o proceso para que todos os nenos e nenas que o precisen poidan empezar o curso co servizo de comedor ou almorzo”.

O servizo de comedor e almorzo forma parte do contrato de actividades extraescolares cun orzamento de máis de 200.000 euros e que “permite garantir a conciliación da vida familiar e laboral”. O que aporta o Concello é o mantemento dos comedores asi como os monitores que acompañan aos nenos e nenas horario e a posibilidade de realizar actividades extraescolares.
 
O Concello desenvolve este servizo en 9 dos 14 colexios públicos que son: Illa Verde, Anexa, Rosalia de Castro, Albeiros, Luis Pimentel, Menendez Pelayo, As Mercedes, Paradai e Sagrado Corazón. No colexio de Casás o que se presta é ese mesmo servizo pero só á hora do almorzo, no xantar correspóndelle á Xunta de Galicia.