Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O sábado 30 de agosto terá lugar a 51º edición do Gran Premio Ciclista da Milagrosa


# Xoves, 28/08/2014
Será na Avenida Duquesa de Lugo a partir das 16 horas e nas que se agarda que participen uns 200 ciclistas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandio, acompañado por Jose Manuel Do Barrio da Federación Galega de Ciclismo e Luis López, Presidente do Club Ciclista da Milagrosa, presentaron esta mañá unha das probas ciclistas máis antigas de Galicia, a 51º edición do Gran Premio Ciclista da Milagrosa.

Esta nova edición comezará ás 16 horas do sábado 30 de agosto nun circuito pechado na Avenida Duquesa de Lugo no que está previsto que participen máis de 200 ciclistas de diferentes categorias e que veñen de diferentes puntos de Galicia, de Asturias e de Castela e León.

Díaz Grandío destacou o esforzo que fan os membros do Clube Ciclista Milagrosa para manter ao propio club e esta cita deportiva que “ten máis de 50 anos e que é unha das máis antigas do panorama galego”.

Así, a categoría alevín terán que facer 4 voltas ao circuito completando unha distancia de 4,8 km. A categoria de infantil a distancia a percorrer será de 18 km cubrindo un total de 15 voltas. Os participantes cadetes terán 24 km repartidos en vinte voltas e os junior completarán 28 voltas cun percorrido de 34 km.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova