Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O escritor galego Xose Neira Vilas será o protagonista da próxima Cata Literaria do MIHL o 11 de setembro


# Xoves, 28/08/2014
Como novidade haberá un bus urbano gratuito para os que se queiran achegar con saida da Casa Sindical ás 20 horas e volta ás 22:30 horas

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre,  anunciou ao escritor protagonista da sexta Cata Literaria, Xosé Neira Vilas, que estará o xoves 11 de setembro a partir das 20 horas con todas as persoas que se acheguen polo MIHL.

Carmen Basadre indicou que “nos próximos meses imos centrarnos máis na literatura galega e nos grandes escritores que temos na nosa lingua, por iso queremos inaugurar este novo curso cun dos máis representantivos”.

Xosé Neira Vilas é un dos escritores máis destacados da literatura galega con obras como Memorias dun neno labrego que é a novela máis vendida de todos os tempos en Galicia. A súa narrativa pódese situar dentro do realismo social crítico no que as estruturas e forzas sociais actúan como determinantes das situacións. Nas súas obras marcadas pola emigración a América, está presente a Galicia da súa infancia e a preocupación social pola situación da súa terra.

Nestas catas, ademais de literatura, tamén hai comida elaborada polos alumnos do Ciclo Superior de Cociña e Restauración do IES San Xillao, que farán un menú especial ademais de viño da Ribeira Sacra a cargo de Adegas Miguel Ángel Garrido. Tamén, durante o evento, haberá música.

Para poder asistir haberá que adquirir unha entrada cun prezo de 5 euros que está a venda na Biblioteca Municipal da Milagrosa (luns a venres, de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:00), no Centro de Interpretación da Muralla, (luns a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00), no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), (luns a sábado, de 16:30 a 19:00), nas propias librerias participantes e na web entradas.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova