Cargando....
Concello de Lugo
16/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Unha parte da Ronda da Muralla cortarase ao tráfico esta fin de semana para levar a cabo obras de mellora do pavimento


# Venres, 29/08/2014
Dende o 1 de setembro a ponte sobre o río Mera permanecerá pechada ao tráfico durante dez semanas polas obras que se realizarán na mesma

A Concellería de Infraestruturas e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, informa que por mor das obras que se están realizando na Ronda da Muralla vaise a proceder a facer un corte total do tramo da Ronda da Muralla entre a Rúa Deputación e a Rúa Santiago.

O corte ao tráfico deste tramo será entre as 14.30 horas do sábado e as 20.00 horas do domingo para adiantar o traballo de reparación e repavimentación da marxe dereita das obras que se están a levar a cabo na Ronda.

Tamén comunica que dende o día 1 de setembro a ponte sobre o río Mera permanecerá pechada ao tráfico durante un período de dez semanas, debido ás obras que se realizarán na mesma.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova