Imprimir

UNHA PARTE DA RONDA DA MURALLA CORTARASE AO TRÁFICO ESTA FIN DE SEMANA PARA LEVAR A CABO OBRAS DE MELLORA DO PAVIMENTO


29/8/2014 Dende o 1 de setembro a ponte sobre o río Mera permanecerá pechada ao tráfico durante dez semanas polas obras que se realizarán na mesma

A Concellería de Infraestruturas e Zona Rural, que dirixe Manuel Chaín, informa que por mor das obras que se están realizando na Ronda da Muralla vaise a proceder a facer un corte total do tramo da Ronda da Muralla entre a Rúa Deputación e a Rúa Santiago.

O corte ao tráfico deste tramo será entre as 14.30 horas do sábado e as 20.00 horas do domingo para adiantar o traballo de reparación e repavimentación da marxe dereita das obras que se están a levar a cabo na Ronda.

Tamén comunica que dende o día 1 de setembro a ponte sobre o río Mera permanecerá pechada ao tráfico durante un período de dez semanas, debido ás obras que se realizarán na mesma.