Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Hoxe comezou o obradoiro de emprego Arqueo Lucus que forma a 23 persoas en situación de desemprego


# Venres, 29/08/2014
Aprenderán técnicas de dixitalización do patrimonio cultural que permitirá crear ferramentas dixitais para que todos os cidadáns poidan acceder a esta documentación histórica

Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Directora Xeral de Emprego, Ana Maria Díaz, e o Xefe Territorial da Conselleria de Traballo e Benestar en Lugo, Alberto Linares, asistiron ao inicio do obradoiro de emprego Arqueo Lucus.

López Orozco deulles a benvida ao CEI-Nodus e sinalou que “a inversión que se fai en formación sempre ten a súa recompensa especialmente se falamos dun ámbito no que non hai moitos especialistas como é a dixitalización do patrimonio”. Ademais tamén engadiu que “todos veñan con gañas de aprender” e agarda “que ademais de aprender e dixitalizar tamén se poida crear algunha nova empresa”.

As 23 persoas participantes neste obradoiro, e seleccionadas polo Servizo Público de Emprego, realizarán tres especialidades diferentes: unha de xestión do Patrimonio Documental, outra de Técnico en dixitalización de documentos, e unha terceira de Técnico en dixitalización 3D do Patrimonio Histórico. Os traballos que se van realizar durante o período de formación consistirán na dixitalización e posta en valor de parte do patrimonio histórico do Concello de Lugo.

Por outra banda, desenvolverase un programa de reprografía dixital de seguridade para documentos e bens patrimoniais de alto valor histórico centrado na dixitalización con fins de difusión cultural do patrimonio histórico.

En concreto, centrarase na dixitalización da serie documental de “Actas capitulares” do fondo documental do Excmo Concello de Lugo (séculos XVI-XVII e XVIII). As actas capitulares son os documentos maís representativos da xestión e administración dos concellos medievais e modernos que recollen as decisións e actuacións dos cargos municipais da época. Son unha fonte imprescindible para a reconstrucción dos diversos aspectos da vida da cidade de Lugo.

Este obradoiro que terá unha duración de 6 meses promoveuse dende a Axencia de Emprego en colaboración co Servizo Municipal de Arqueoloxía, e conta coa subvención da Consellería de Traballo e Benestar.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova