Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello convoca unha caseta e un caldeiro de polbo para as festas de San Froilán


# Martes, 02/09/2014
A presentación de ofertas pódese facer ata o día 12

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, que dirixe Carmen Basadre, convocou a explotación dunha caseta e un caldeiro de polbo durante as festas de San Froilán 2014.

Segundo informa a Concellería, xa está aberto o prazo para a presentación de proposicións para a instalación da Caseta número 5 e Caldeiro de polbo número 5, logo de que a Xunta de Goberno Local acordou, o pasado día 27 de agosto, deixar sen efecto as autorizacións concedidas pola falta de pagamento en prazo das taxas correspondentes á ocupación de dominio público dos devanditos postos.

Os prezos mínimos para a licitación son de 14.470,13 euros no caso da Caseta e de 7.339,92 no do Caldeiro.

O prazo para a presentación de ofertas remata o día 12 de setembro e a apertura de ofertas está prevista para o día 15.

Os licitadores deberán constituir unha garantía provisional polo importe do 3% de cada unha das instalacións e o licitador que presente a oferta máis ventaxosa estará obrigado a constituir unha garantía definitiva dun 5% do importe da adxudicación.

As persoas interesadas poden obter máis información no Perfil do Contratante na páxina web do Concello de Lugo www.lugo.es.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova