Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Triatlón do Miño celebra este domingo o seu 26 aniversario coa participación de atletas de élite


# Mércores, 03/09/2014
Nesta edición daranse cita máis de 300 triatletas na Área Recreativa de Os Robles

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e os representantes da organización, Anxeles Otero, Secretaria da Federación de Triatlón, e Miguel Fernández, da Agrupación Deportiva e Cultural FeFeMe, presentaron hoxe a XXVI edición Triatlón do Miño que terá lugar o vindeiro domingo 7 de setembro na Área Recreativa de Os Robles coa colaboración do Concello de Lugo.

Díaz Grandío destacou a importancia desta proba “que supón un fito no calendario deportivo lucense pola gran traxectoria que ten e pola repercusión dun deporte que cada vez é máis seguido por mor dos importantes éxitos de deportistas como Javi Gómez Noya ou Iván Raña”.

O Concelleiro de Deportes tamén agradeceu o labor dos organizadores deste importante evento deportivo que terá lugar en Lugo o vindeiro domingo.

Pola súa parte, Miguel Fernández informou de que a proba dará comezo ás 10.00 horas coa saída dunha proba popular, na que se fará unha distancia de 300 metros de natación, 13 km de ciclismo e 2,5 km de carreira a pé. Deseguido disputarase a proba para nenos de 9 a 12 anos que farán 150 metros de natación, de bicicleta e carreira a pé. O total de participantes nestas dúas probas será de 140 deportistas.

Posteriormente disputarase o Campionato galego 2014. Ás 11.00 horas comezará a proba feminina, na que tomarán parte orredor de 40 participantes, e ás 12.30 comezará a proba masculina coa participación de 70 deportistas. A proba consistirá nunha distancia spring, 750 metros de natación, 20 Km sobre a bici e 5 Km de carreira a pé.

A natación será na Área Recreativa dos Robles, onde estará situada a transición, o ciclismo será un circuito polo Paseo do Ombreiro dende os Robles ata a estación elevadora, e a carreira a pé discorrerá polo Paseo Fluvial na zona da Fábrica da Luz. .

A competición rematará sobre as 13.30 horas e a entrega de trofeos terá lugar ás 14.00 horas.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova