Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
28/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O Concello pon en marcha o Plan Mellora Lugo, dotado con 425.000 euros, que dará traballo e axudará ó acondicionamento de colexios, rede viaria, zona rural, instalacións deportivas e medio ambiente


# Miércoles, 03/09/2014
A Xunta de Goberno Local licita catro das cinco grandes actuacións deste ambicioso Plan municipal

Imaxe Asociada
O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou hoxe do comezo da tramitación do Plan Mellora Lugo, que vai poñer en marcha o Concello co dobre obxectivo de fomentar o emprego e realizar traballos de acondicionamento tanto da cidade como da zona rural.

Luis Álvarez deu conta da aprobación, esta mañá, pola Xunta de Goberno Local de dos pregos correspondentes a catro das cinco liñas de actuación de contempla o Plan Mellora Lugo, que ten unha dotación económica total de 425.000 euros, o que supone aumentar en 100.000 euros o investimento do anterior Plan SELFE 2.

Álvarez explicou que o Goberno municipal aprobou hoxe os pregos, así como o gasto e apertura do procedemento de adxudicación por procedemento aberto dos traballos de mantemento e conservación que levará a cabo o Concello nas áreas de Educación, Infraestruturas, Zona Rural e Deportes. Nas próximas semanas aprobarase o prego para a quinta liña de actuación, que é a referida á área de Medio Ambiente.

Cada una delas contará cun orzamento de 85.000 euros e, en conxunto, está prevista que o Plan Mellora Lugo garanta un mínimo de 20 postos de traballo no noso concello durante alomenos seis meses.

Para a  adxudicación dos cinco contratos terase en conta a creación e o mantemento de postos de traballo en empresas locais, para colaborar a paliar os efectos da crises económica no municipio. Deberase incentivar, en cada un dos casos, a nova contratación de 2 traballadores parados, que leven inscritos nas oficinas de emprego por un mínimo de 6 meses, e a manter alomenos 2 traballadores da súa plantilla existente.

Obras en centros escolares

Na área de Educación, o obxectivo do contrato é o servizo de mantemento e conservación dos CEIP e Escolas Infantís municipais Serra de Outes, Gregorio Sanz, Luis Soto Menor e Piringalla. Os traballos consistirán en manter en todo momento en óptimo estado de funcionamento de tódalas instalacións ás que fai referencia este contrato, no referente ás obrigas que lle corresponden ó Concello e que fundamentalmente viran referidos á conservación, reparación e mantemento xeral básico de:

Pequenos retellados e eliminación de goteiras, pequenas reparacións de canalóns e baixantes.
Revisión, reparación, limpeza e recheo de areeiros.
Arranxos varios albanelería (caída azulexados, tapado fendas, etc).
Pintura en zonas concretas (afectadas por averías) e moi deterioradas.
Pequenos arranxos de estanterías, taboleiros, carpintería de madeira e metálica (incluso mecanismos de ferraxes de seguridade e colgar).
Arranxo e colocación de persianas (cintas e lamas).
Reparación de mobiliario (bancos), xogos infantís e repintado dos mesmos.
Revisións e reparacións imprescindibles en valados, cerres e peches (lixados, soldaduras, reposicións puntuais, etc).
Reparación beirarrúas e pavimentos dos patios.
Revisión, limpeza e arranxo de canles, sumidoiros e canalizacións.

Melloras da rede viaria

Na área de Infraestruras contrátase o servizo de conservación, mantemento e reparación de pavimentación, mobiliario e sinalización vertical da rede viaria municipal. Os traballos previstos, neste caso, abranguerán a reparación de beirarrúas, beiravias, canos, taxeas:

Reparación/substitución de bordos.
Recolocación/reparación de materiais de beirarrúas.
Reparacións puntuais ou parciais de canos ou taxeas.

Tamén consitirán na reparación de elementos de mobiliario urbano e sinalización:

Tarefas de mantemento ordinario en bancos (limpeza, pintado e/ou barnizado).
Reparación/substitución de listóns de madeira de bancos.
reparación de alcorques de fundición ou de pavimento drenante.
Reposición/colocación de sinais/cartelería diversa.

Obras na Zona Rural

Para a Zona Rural vaise contratar o servizo de mantemento e conservación de construcións rurais e periurbanas singulares e patrimoniais do Concello. Neste caso, os traballos consistirán na reparación de construccións, elementos singulares e patrimonios rurais:

Reparacións varias e subsanación de pequenos defectos detectados nas ITE das antigas escolas rurais e naquelas que se fan actividades programadas.
Revisións e reparacións puntuais e básicas de lavadoiros e fontes públicas.
Reparación e conservacións de elementos singulares (cruceiros, hitos, etc).

Tamén consistirán na reparación de construccións, elementos singulares e patrimoniais periurbáns:

Reparación e repintado de zonas públicas do Cemiterio Municipal.
Conservación e mantemento de elementos singulares, como fontes públicas.

Conservación de instalacións deportivas

O Plan Mellora Lugo tamén inclúe a contratación do servizo de mantemento e conservación de instalacións deportivas do Concello. Neste caso, os traballos que se van levar a cabo consistirán en manter en todo momento en óptimo estado de funcionamento tódalas instalacións ás que fai referencia este contrato e que fundamentalmente viran referidos á conservación, reparación e mantemento xeral básico de:

Repintado de equipamentos en liñas de xogo.
Acondicionamento de cubertas e baixantes.
Repasos de albanelerías e pinturas de locais.
Lavado a presión de parámetros verticais e horizontais.
Revisión dos sistemas de fixación de seguridade dos equipamentos deportivos.
Acondicionamento das zonas perimetrais.
Revisión dos equipamentos sanitarios.

Actuacións en Medio Ambiente

Tocante á área de Medio Ambiente, Luis Álvarez adiantou que as principais intervencións previstas serán no Parque dos Paxariños, na parcela situada ó lado da vella Potabilizadora e, tamén, a rexeneración de parcelas e zonas verdes municipais do Ceao. Manifestou ademais que a licitación desta quinta liña de actuación que se levará a cabo ó abeiro do Plan Mellora Lugo está prevista para dentro de dúas semanas.

Preparativos do San Froilán

A Xunta de Goberno Local tamén tomou dous acordos relativos ós preparativos das vindeiras festas do San Froilán.

En primeiro lugar, o Goberno local autorizou esta mañá a realización de servizos extraordinarios por persoal do Servizo de Extinción de Incendios durante a celebración das festas patronais de San Froilán 2014.

Ademais, o Equipo de Goberno acordou a prórroga do contrato administrativo do alugamento para o Recinto Feiral e fondo da Praza Maior durante as festas, por unha cantidade de 32.874,49 euros. A duración da instalación será do 3 ao 13 de outubro e o inicio da montaxe poderá realizarse a partir do 23 de setembro, previa consulta á Sección municipal de Cultura, e a desmontaxe deberá realizarse do 14 ó 17 de outubro.
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva