Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
19/04/24
NOTICIAS
Escucha esta página

O II Campionato galego de Trial Cidade de Lugo celebrarase esta fin de semana


# Jueves, 04/09/2014
O Concello colabora nesta competición que terá lugar na Área Recreativa San Cibrao

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañado por Ildefonso Saavedra, Presidente da Asociación Foro Lugo, e polo deportista Yago Armesto, presentaron hoxe o II Campionato galego de Trial “Cidade de Lugo”, que se vai disputar esta fin de semana.

Díaz Grandío destacou a súa satisfacción “porque se teña retomado a posibilidade de que Lugo conte cun deporte que fai anos tiña moita repercusión na nosa cidade e que se perdera nos últimos anos pola falta dun lugar para a súa práctica”. O Concelleiro de Deportes sinalou que as probas que se disputarán esta fin de semana, nunha parcela municipal de San Cribrao, son valedeiras para o Campionato galego.

Pola súa parte, Ildefonso Saavedra agradeceu a colaboración do Concello para facer posible a celebración deste evento deportivo e animou ós veciños e veciñas a achegarse a presenciar esta competición que “vai ser moi apaixonante e na que participarán deportistas de moito nivel”. Tamén informou da programación prevista, que comezará o sábado, día 6, cando terán lugar, a partir das 16.00 horas, as probas de trial infantil e motos clásicas. O domingo, día 7, a xornada comezará ás 9.00 horas coa verificación e despois terá lugar a proba absoluto, TR1, TR2, TR3 xunior open, TR35 e TR4.

Na presentación tamén interviu unha xoven promesa deste deporte, Yago Armesto, que leva practicando o Trial dende os 3 anos e agora, con 13 anos, aspira a “quedar este ano entre os tres primeiros e para o ano que vén, gañar”.
Escuchar audio:
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva