Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza un curso de inserción laboral dirixido a mozos e mozas de 18 a 35 anos


# Luns, 08/09/2014
Este curso celebrarase do 22 ao 26 de setembro de 16:30 a 21:30 horas e as persoas interesadas poderán inscribirse ata o día 18

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, organiza un curso de inserción laboral para orientar nesta materia á xuventude de Lugo. Este curso está destinado a rapaces e rapazas que teñan idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

O curso, que conta con 15 prazas, terá unha duración de 25 horas e celebrarase, na Casa da Xuventude, do 22 ao 26 de setembro con horario de 16:30 a 21:30 horas.

O prazo de inscrición xa está aberto e as persoas interesadas poden anotarse, na propia Casa da Xuventude, ata o día 18 de setembro ás 20:00 horas. Para matricularse terán que entregar unha fotocopia do DNI.

No caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas, realizarase un sorte aberto ao público, que terá lugar na Oficina Municipal de Información Xuvenil o día 19 de setembro ás 10:30 horas.

Para máis información desta actividade, os interesados poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada na terceira planta do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, ou chamar ao 982 297 496.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova