Cargando....
Concello de Lugo
06/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde destaca a importancia do comercio local para a economía de Lugo


# Luns, 08/09/2014
López Orozco participou na presentación dunha campaña da Federación de Comercio que se desenvolve ata o día 19

Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, participou hoxe na presentanción da campaña "As compras na túa vila teñen premio", organizada pola Federación Galega de Comercio coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta.

O Alcalde destacou, na súa intervención, a importancia do comercio local para a economía e o emprego de Lugo, motivo polo que o Concello dá apoio a este importante sector a través de diversas iniciativas, entre as que se referiu ás axudas que se conceden ó abeiro do Plan Urban.

López Orozco animou ós veciños e veciñas a efectuar as súas compras nos establecementos da cidade, que ofrecen produtos de calidade e boa atención, ó tempo que lle dan vida a economía lucense.

O Alcalde tamén agradeceu que esta campaña chegue a Lugo. Esta iniciativa,  que tamén se desenvolve noutras cidades galegas, terá lugar en Lugo dende hoxe ata o día 19.

Esta iniciativa ten por obxectivo axudar á promoción do comercio local e nela vanse sortear premios por un valor total de 4.000 euros. O sorteo terá lugar o venres, día 19, ás 20.00 na Praza da Soidade.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova