Imprimir

ESTE MARTES CELÉBRASE UNHA XORNADA DE TENIS NA RÚA EN VARIAS PISTAS SITUADAS NA PRAZA HORTA DO SEMINARIO


8/9/2014 Na xornada participarán algúns dos mellores xogadores do X Torneo Nacional de Tenis que se está a celebrar na cidade de Lugo

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, comunica que mañá martes celébrase unha xornada de tenis na rúa, das 17:00 ás 19:00 horas, na Praza Horta do Seminario.

Haberá varias pistas de tenis instaladas nesta praza, nas que se organizarán diversas actividades relacionadas con este deporte. Varios monitores de diferentes clubes e escolas de tenis da cidade serán os encargados de levar a cabo este evento.

Nestas actividades tamén participarán algúns dos mellores xogadores do X Torneo Nacional de Tenis, que se está a celebrar durante esta semana no Clube Fluvial de Lugo.

A xornada está organizada pola Federación Galega de Tenis en colaboración co Concello de Lugo. As actividades son gratuítas e están abertas á participación de nenos e nenas, así como de todas aquelas persoas que estean interesadas en participar.