Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A XI Romaría Coral Galega reunirá o domingo en Lugo 22 corais procedentes de toda Galicia


# Luns, 08/09/2014


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo Presidente e o Tesoureiro da Federación Coral Galega, Antonio Rey Cornide e José López Veiga, que tamén é delegado en Lugo desta entidade, presentou hoxe a XI Romaría Coral Galega.

A XI Romaría Coral vaise celebrar por primeira vez en Lugo o vindeiro domingo, día 14.
Este evento reunirá 22 coros e a case que 600 persoas.

A actuación das corais, que contarán coa colaboración da Banda Municipal de Música, desenvolverase na Pza de Santa María, a partir das 19.00 horas.

O programa comezará co recibimento das corais participantes, ás 11.30 horas, no Parque Rosalía de Castro. Deseguido, ás 12.00, terá lugar unha misa cantada na Catedral. Ás 13.00 horas celebrarase unha recepción no Concello e para as 14.00 horas está previsto o xantar.

As corais que van participar no evento son as seguintes: Coral Hospital Xeral de Calde (Lugo), Coral Auria Canta (Ourense), Coral P. de Mera (Mera), Coral Municipal Illa de Arousa (Illa de Arousa), Coral P. Fonte do Souto (Culleredo), Coral Airiños de Nós (Oleiros), Coral P. de Agolada (Agolada), Orfeón Xoán Montes (Lugo), Coro de Cela (Bueu), Coral P. Alborada (Viveiro), Coral P. de Chantada (Chantada), Coral P. Ecos do Ulla (Monterroso), Coral Centro Sociocomunitario (Marín), Coral P. Val do Avia (Leiro), Coral Amigos de Compostela (Santiago), Coral P. Sporting Club Casino (A Coruña), Polifónica Vilalbesa (Vilaba), Coral P. La Salle (Santiago), Coral Municipal de Sarria (Sarria), Coro de Cámara de Música Viva (O Carballiño) e Schola Gregoriana Lucensis (Lugo).

O programa do encontro está composto polas seguintes obras, que interpretarán as corais a cappella: “Velai, vai” (Popular Galega), “Ay, linda amiga” (Anónimo), “Eu caseime por un ano” (Popular Galega), “La reina del placer “ (arm: Alain Langrée), “Ruada de Chamosa” (Popular Galega), “A Consuelo foi ó muiño” (Popular Galega) e “Os cregos e os taberneiros” (Popular Galega). E co acompañamento da Banda Municipal interpretarán “La del soto del parral”, “Nabucco Va Pensiero” (Verdi) e o Himno Galego (Pascual Veiga).

Neste evento, que organiza a Federación Coral Galega, colaboran o Concello de Lugo, a Banda Municipal de Lugo, a Deputación provincial e a Xunta de Galicia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova