Cargando....
Ayuntamiento de Lugo
28/03/24
NOTICIAS
Escucha esta página

Este sábado ábrese o calendario de carreiras populares en Lugo coa celebración da I Carreira Popular Ternera Gallega, organizada pola IXP coa colaboración do Concello


# Lunes, 08/09/2014


Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O  Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, xunto con Luis Vázquez, Director de Promoción da IXP Ternera Gallega, e Manolo Castiñeira, do Clube Media Maratón, fixeron hoxe a presentación da I Carreira Popular Ternera Gallega, que terá lugar en Lugo o vindeiro sábado, día 13 de setembro.

Díaz Grandío explicou que o Concello colabora nesta carreira, que será a primeira proba atlética de carácter popular do amplo calendario lucense. O Concelleiro de Deportes eloxiou esta iniciativa de apoio do deporte por parte da Indicación Xeográfica Protexida e expresou a súa confianza en que serán moitos os lucenses de todas as idades que tomarán parte na carreira.

Pola súa parte, Luis Vázquez explicou que dentro do programa conmemorativo do XXV aniversario, a Indicación Xeográfica Protexida organiza a I Carreira Popular-MóveT con Ternera Gallega, que terá lugar a partir das 18 horas, e no se prevé a participación de ata 600 corredores.

En colaboración co departamento de Deportes do Concello de Lugo, a cita convida á participación de todos os homes e mulleres de todas as idades que poderán ‘movérense’ con Ternera Gallega e optar a numerosos e variados premios. Como broche final, a IXP ofrecerá unha degustación de carne para todos os atletas na que colaboran tamén outras firmas alimentarias galegas como a Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea, Augas Fontecelta e a cooperativa láctea Feiraco.
Compromiso coa vida sana

Salientou tamén que esta iniciativa é unha mostra máis da firme aposta que Ternera Gallega vén facendo polos hábitos de vida saudable a través do deporte, do consumo responsable, do fomento da dieta equilibrada e da cooperación con outros produtos alimentarios que cumpran coas máximas garantías de calidade.

Para o correcto desenvolvemento da Carreira, que discorrerá enteiramente por circuito urbano, a organización disporá de todos os recursos técnicos e humanos necesarios. Toda a información sobre categorías, inscricións, condicións de participación, procedementos, entrega de premios e demais datos de interese estará recollida no regulamento oficial, que se poderá consultar na páxina web da Denominación (www.terneragallega.com) así como no portal www.championchipnorte.com
Escuchar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre ventana nueva Instituto de Crédito Oficial,Abre ventana nueva