Cargando....
Concello de Lugo
06/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo organiza mañá actividades para fomentar o consumo responsable entre a xuventude, dentro do programa +Xtí


# Mércores, 10/09/2014
Celebraranse na Praza Maior baixo o lema “Non te pases de voltas¡ Sé responsable”

Dende as 17:00 horas haberá un stand informativo e actividades dirixidas a mozos e mozas de 16 a 35 anos

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, informa de que mañá, xoves día 11 de setembro, celebraranse diversas actividades de fomento do consumo responsable baixo o lema “Non te pases de voltas! Sé responsable”. Nelas poderán participar mozos e mozas de 16 a 35 anos.

Estas actividades pertencen ao programa +Xtí e terán lugar dende as 17:00 horas na Praza Maior, onde se instalará un stand informativo e haberá distintos espazos nos que se desenvolverán as actividades.

No stand informativo darase información sobre as liñas de traballo que ofrece a Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo, así como dos perigos do consumo do alcohol e das drogas.

Tamén haberá outros espazos nos que se desenvolverán as distintas actividades, como circuíto de karts a pedais, ou outros circuítos con diferentes obstáculos, ademais dunha zona de degustación de cócteles sen alcohol.

As probas permitirán experimentar os diferentes efectos do consumo de alcohol ou drogas en calquera actividade por sinxela que sexa. Ademais ás persoas que participen entregaránselles agasallos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova