Cargando....
Concello de Lugo
22/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo súmase á celebración da Semana Europea da Mobilidade que se vai celebrar do 16 ó 22 baixo o lema Unha rúa mellor, é a túa elección


# Xoves, 11/09/2014
Distintas Concellerías participan na organización dos actos que inclúen unha xornada con buses gratis, día sen coches no Casco histórico e un día da bicicleta

Imaxe Asociada
Tamén haberá charlas para escolares e para maiores

Os Concelleiros de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, e de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, presentaron hoxe os actos programados polo Concello para conmemorar a Semana Europea de Mobilidade, que este ano se vai celebrar baixo o lema “Unha rúa mellor, é a túa elección”.

Esther Muñoz destacou que distintas Concellerías e servizos do Concello se implicaron na organización dos actos desta Semana da Mobilidade, que terán lugar do 16 ó 22 de setembro, co “obxecto de concienciar á poboación de que vivir nunha cidade mellor tamén é responsabilidade do cidadán”.

Pola súa parte, José Manuel Díaz Grandío animou ós veciños e veciñas de todas as idades en participar nas actividades do Día da Bicicleta, que o ano pasado reuniu a orredor de 2.000 lucenses. Lembrou que “non é unha proba de competición senón un paseo para disfrutar da cidade” e advertiu de que será obrigatorio o uso do casco.

A programación da Semana Europea da Mobilidade en Lugo comezará con charlas que ofrecerá a Policía Local a escolares. Concretamente, os días 16, 17 e 18, os axentes do Gabinete de Tráfico da Policía Local visitarán tres colexios da cidade nos que impartirán charlas destinadas ós nenos e nenas de 4º curso. Os colexios nos que está programada esta actividade son Illa Verde, Luis Pimentel e San Xosé.

O xoves, día 18, a Policía Local tamén acudirá ó Centro de Convivencia María Balteira, neste caso para  informar os maiores e demais usuarios de cómo previr os accidentes nas vías públicas, en especial os atropelos que se producen con demasiada frecuencia. Esta sesión informativa terá lugar entre as 17.30 e as 19.30 horas.

Os días 17, 18 e 19, o Parque Infantil de Tráfico instalará un circuito de bicicletas na plaza de Ángel Fernández Gómez, na parte posterior do Concello, con horario de 17.30 a 19.30 horas para os nenos e nenas que queiran achegarse a facer estes pequenos percorridos en bici.

O sábado, día 20, os autobuses urbáns serán gratuitos para tódolos pasaxeiros  durante todo o día, unha medida coa que se trata de contribuir a fomentar o uso do transporte público colectivo.

O domingo 21, será o Día sen Coches e, con este motivo, estarán restrinxidos os accesos o casco histórico, entre as 10.00 e as 18.00 horas, agás para os residentes, usuarios de aparcadoiros e servizos públicos.

A celebración do Día da Bicicleta 2014, será o colofón da Semana Europea da Mobilidade. Terá lugar o domingo, día 21 de setembro. A hora prevista de saída son as 12.00 horas, os participantes concentraránse as 11.30 h,  diante do Concello. O recorrido será o mesmo que nas ediccións anteriores e o remate terá lugar nas Termas. As persoas que queiran inscribirse deben facelo ata o sábado anterior no Centro Comercial das Termas o que lles dará dereito a participar nun sorteo de agasallos ó remate do paseo en bici. En todo caso, non é necesario formalizar a inscrición para tomar parte nesta actividade.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova