Cargando....
Concello de Lugo
06/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto ata o 23 de setembro o prazo de inscrición para participar no XX Maratón Fotográfico do Campus


# Xoves, 11/09/2014
Como nas edicións anteriores, ao remate do certame a organización fará unha exposición cunha escolma das imaxes presentadas a concurso

Imaxe Asociada
A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, participou esta mañá na presentación do XX Maratón Fotográfico do Campus. Este certame enmárcase dentro do convenio de actividades “Lugo Cultural”, no que participan o Concello de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación Provincial. Ademais nesta actividade colabora o Grupo Cinematográfico Fonmiñá.

As persoas interesadas poderán inscribise ata o día 23 de setembro na Área de Cultura do Campus de Lugo, situada na Vicerreitoría de Coordinación, que se atopa na Praciña da Universidade, tamén a través do teléfono 982 821 513 en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou no enderezo de correo electrónico cultura.lugoarrobausc.es. As bases da convocatoria desta edición do Maratón Fotográfico do Campus están accesibles na web www.lugocultural.es.

O 30 de setembro ás 10:00 horas os participantes no maratón coñecerán os temas sobre os que deben realizar as fotografías, que terán que realizar e ser entregadas á organización antes das 14:00 horas do día seguinte, o 1 de outubro. Establécense dúas modalidades, unha de fotografía dixital e outra de analóxica, entre as que os participantes deberán elixir unha das dúas para inscribirse. Elixida a modalidade, deberán presentar unha fotografía por cada tema, coas que participarán no concurso. As fotografías poderán presentarse tanto en branco e negro como en cor.

A mellor fotografía do tema libre premiarase con 300 euros, trofeo e diploma e á mellor fotografía do tema que se propoña pola organización concederáselle o “premio Carlos Valcárcel”, dotado con 450 €, trofeo e diploma. Aos participantes non premiados, entregaráselles un diploma que acredite a súa participación no certame.

Como nas edicións anteriores, ao remate do certame, a organización fará unha escolma entre as imaxes presentadas a concurso e non premiadas, procurando que tódolos autores estean representados con algún dos seus traballos e que, xunto coas premiadas, se mostrarán nunha exposición e coas que se editará o correspondente catálogo en formato dixital.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova