Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo será a sede do V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde que se vai celebrar do 13 ó 16 de outubro


# Xoves, 11/09/2014
 O Alcalde expón o compromiso da nosa cidade co obxectivo da Unión Europea de acabar coas emisións contaminantes e anuncia que o Concello traballa nun proxecto que presentará ó programa Life

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
 O Alcalde, José López Orozco, salientou o compromiso do Concello de Lugo para acadar o obxetivo da Unión Europea de reducir drásticamente as emisións contaminantes coa vista posta no ano 2050, durante a súa intervención na presentación do V congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde que se vai celebrar en Lugo do 13 ó 16 de outubro. 

O Alcalde explicou que o Concello de Lugo traballa no deseño e redacción dun importante proxecto medioambiental con este propósito e que optará a conseguir financiamento de fondos europeos ó abeiro do programa Life. 

López Orozco manifestou que “tamén dende Lugo, esta pequena cidade, temos que traballar  para conseguir ese obxectivo do conxundo a Unión Europea” e sinalou que “os cidadáns teñen que ser conscientes da necesidade de cambiar os hábitos para diminuir as emisións contaminantes”.

Por iso, o Alcalde considerou moi importante a celebración na nosa cidade de debates como o V Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde-LIV Curso de Saúde Ambiental, que foi presentado hoxe nun acto no que interviñeron o organizador do encontro científico, o profesor Francisco Peña; a Deputada provincial Sonsoles López Izquierdo; o Vicerreitor da USC, Javier Bueno, e a Delegada territorial da Xunta, Raquel Arias. 

Segundo os organizadores, os obxectivos principais deste debate ambiental e de carácter formativo son estudar o estado da saúde ambiental do planeta e as súas posibles solucións, poñer en valor o patrimonio natural de Galicia, contribuir a santar as bases do desenvolvemnto sostible futuro de Galicia e mellorar a xestión en aspectos ambientais da saúde dos concellos. 

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova