Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza na Praza Maior as actividades do proxecto "Non te pases de voltas! Sé responsable" para fomentar hábitos saudables na mocidade lucense


# Xoves, 11/09/2014


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, organiza esta tarde un programa de actividades para fomentar entre a xuventude o consumo responsable baixo o lema “Non te pases de voltas! Sé responsable”.

Estas actividades, dirixidas a mozos e mozas de 16 a 35 anos, inscríbense no programa +Xtí e estanse celebrando dende as 17:00 horas na Praza Maior, onde se instalará un stand informativo e haberá distintos espazos nos que se desenvolverán as actividades.

No stand informativo facilítase información sobre as liñas de traballo que ofrece a Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Lugo, así como dos perigos que supón o consumo do alcohol e das drogas.

Tamén hai outros espazos nos que se están a desenvolver actividades comoun  circuíto de karts a pedais, ou outros circuítos con diferentes obstáculos, ademais dunha zona de degustación de cócteles sen alcohol.

As probas permiten experimentar os diferentes efectos do consumo de alcohol ou drogas en calquera actividade por sinxela que sexa. Ademais ás persoas que participan nas actividades reciben diversos agasallos.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova