Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá celébrase unha velada de boxeo no Polideportivo Municipal do Palomar organizada polo Club Boxing Lugo


# Venres, 12/09/2014
Ás 11:00 horas terán lugar sete combates interclubes non oficiais e a partir das 12:00 horas disputaranse cinco combates oficiais

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, informa que mañá, sábado 13 de setembro, celébrase unha velada de boxeo no Polideportivo Municipal do Palomar. Esta velada está organizada polo Club Boxing Lugo.

Ás 11:00 horas comezarán lugar sete combates interclubes non oficiais e nos que participarán trece boxeadores e unha boxeadora do clube lucense. Estes combates serán de dous minutos.

A partir das 12:00 horas disputaranse cinco combates oficiais de tres minutos por asalto e de distancia olímpica. Participarán cinco integrantes do Club Boxing Lugo contra rivais de distintos puntos de Galicia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova