Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O venres 19 remata o prazo para solicitar algún dos postos da I Feira de Artesanía e Gastronomía do San Froilán


# Martes, 16/09/2014
Esta feira celebrarase do 4 ao 12 de outubro no paseo central da Avenida de Ramón Ferreiro

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua informa que este venres 19 de setembro remata o prazo para solicitar o aluguer dun dos postos da I Feira de Artesanía e Gastronomía do San Froilán. Esta feira celebrarase do 4 ao 12 de outubro no paseo central da Avenida de Ramón Ferreiro.

Establécense dúas categorías, por un lado a de artesanía que está destinada a postos de venta de produtos elaborados de forma artesanal e, por outro lado, a de gastronomía, destinada a postos de venta de produtos de calidade diferenciada ou ecolóxicos.

Nesta feira dispoñerase de expositores montados en stands individuais, cunha dimensión de 3x2x2,90 metros que contan cunha persiana de seguridade enteira, cornixa decorativa e avance frontal dun metro para crear zona de resgardo diante de cada expositor.

A autorización da ocupación terá unha vixencia durante a festa do San Froilán do 4 ao 12 de outubro. Os días 4, 5, 6, 11 e 12 de outubro o horario da feira será dende as 11:00 ata as 00:00 horas e os días 7, 8, 9 e 10 será de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 23:00 horas.

Os prezos establecidos que terá que pagar cada posto son 406,21 euros polo prezo público de uso do stand, 243,79 euros pola taxa por ocupación de vía pública recollida na Ordenanza Fiscal número 152 e 100 euros en concepto de fianza. Nos criterios de adxudicación dos postos valoraranse distintas cuestións relativas á calidade técnica, á estética ou ao mantemento das técnicas tradicionais dun oficio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova