Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Xunta Local de Seguridade reuniuse esta mañá para coordinar e poñer en marcha o dispositivo de seguridade das festas do San Froilán 2014


# Mércores, 17/09/2014
A reunión estivo presidida polo Alcalde, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, e o Subdelegado do Goberno, Ramón Carballo, presidiron a xuntanza que se celebrou esta mañá da Xunta Local de Seguridade para tratar do operativo que velará pola seguridade durante as festas do San Froilán.

Na reunión, celebrada na Casa do Concello, tamén participou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Língua, Carmen Basadre, xunto con mandos das Policías Local, Nacional e Autonómica así como de Protección Civil e Bombeiros.

O obxectivo do encontro, que terá continuidade con reunións técnicas nos próximos días, foi comezar os preparativos do dispositivo de seguridade que se porá en marcha con motivo das festas de San Froilán para “que sexan unhas festas seguras e as persoas que se acheguen desfruten con garantias como estes anos” segundo explicou López Orozco.

Tanto o Alcalde como o Subdelegado do Goberno explicaron que as forzas de seguridade traballan coordinadamente, como todos os anos, para garantir que as festas discurren sen problemas. De feito, nos próximos días reuniranse as mesas técnicas para concretar cómo se distribúen as distintas funcións que levará a cabo cada un dos corpos de seguridade durante os días de festa.

Pola súa parte, o Subdelegado do Goberno, explicou que "na xuntanza desta mañá abordamos a coordinación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e a Policía Local para tratar de que as festas de San Froilán se desenvolvan sen incidentes. Tratamos sempre de colaborar neste sentido, respetando iso sí as competencias de cada administración e as atribucións dos distintos corpos policiais. No que atinxe á Subdelegación do Goberno, e polo tanto á Policía Nacional, o cometido principal é velar pola seguridade cidadá e evitar a comisión de posibles delitos, e nese sentido actuaremos".

Outro dos temas que se abordou na reunión foron as medidas que se porán en marcha para que os manteiros causen o menor impacto posible e que comezaran os días previos ao San Froilán coa vixianza da instalación e as mercadorias que venden. De todas formas, “este non é un fenómeno exclusivo de Lugo senón que afecta a todo España pero dende o Concello de Lugo vaise a traballar para que teña a menor incidencia posible” segundo López Orozco.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova