Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O próximo día 21 comeza a actividade Patinaxe en familia que se levará a cabo os domingos no Polideportivo Daniel Cordido


# Xoves, 18/09/2014
As persoas interesadas poden contactar cos monitores no Polideportivo o mesmo dia da realización da actividade

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, infora que a partir deste domingo, día 21 de setembro, celebrarase a actividade Patinaxe en familia, aberta a todos os públicos e de todas as idades.

Esta actividade está organizada  en colaboración cos clubes de patinaxe Meigas e Cabuxos e terá lugar todos os domingos no Polideportivo Municipal Daniel Cordido, situado no barrio da Piringalla, das 18:00 ás 20:00 horas.

As persoas interesadas en participar poden contactar cos monitores a través do Facebook dos clubes: facebook.com/cabuxos e facebook.com/chl.meigas, ou presencialmente no Polideportivo cando se realiza a actividade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova